home    

++Guía de linguaxe non sexista

CIG






3917
      Enregistrer au format PDF   
 

A lingua non é sexista, pero si o é o uso que dela facemos. A linguaxe é o medio a través do cal nos comunicamos, polo tanto reflite o pensamento colectivo, e con el estamos a transmitir unha gran parte da forma de pensar, sentir e actuar de cada sociedade.

A través da linguaxe estamos asumindo papeis de xeito consciente e inconsciente, conformando estereotipos sexistas. O uso sexista e androcéntrico da lingua é o reflexo dunha cultura sexista e androcéntrica na que se valoran as capacidades e funcións atribuídas aos homes, pero non se recoñece o valor social das capacidades e funcións que se atribúen ás mulleres. Hai unha especie de resistencia lingüística a recoñecer o gran número de actividades desenvolvidas polas mulleres, e segue a presentarse -a través dun uso lingüístico máis que consolidado- unha imaxe desvalorizada e subordinada das mulleres con respecto aos homes.

A miúdo, incorremos en sexismo lingüístico a través do uso de formas incorrectas da linguaxe, na escolla de palabras ou estruturas discriminatorias. A linguaxe sexista exclúe as mulleres, dificulta a súa identificación ou asóciaas a valoracións negativas.

O seu uso é discriminatorio e parcial, e impón barreiras arbitrarias e inxustas ao desenvolvemento persoal e colectivo.



- Recomendacións de uso dunha linguaxe non sexista

- O substantivo xenérico

- O mal uso do desdobramento

- Formas de tratamento

- Barras e arroba

- Cargos e profesións

- Outras recomendacións

- Termos relacionados coas actitudes sexistas

- Bibliografía e marco normativo

PDF - 482.1 KB
Recomendacións de uso dunha linguaxe non sexista

http://www.galizacig.com




logo FETE-UGT
logo UGT
logo Fondo Europeo para la Integracion
logo
©