home    

Novidades

Manuel Rivas participará no Día Mundial das Linguas Marternas da Unesco

sábado 5 febreiro 2011

O galego levará a cabo un recital poético na Sala dos Dereitos Humanos de Bruxelas

Os escritores Manuel Rivas e Kirmen Uribe foron convidados a participar no Día Mundial das Linguas Maternas da Unesco en Bruxelas, que terá lugar na Sala dos Dereitos Humanos os vindeiros días 7 e 8 de febreiro. Alí, cada un levará a cabo un recital poético na súa respectiva lingua materna, ademais de partiipar en diversas actividades, como entontros ou conferencias. A viaxe inclúe unha visita á tumba e á casa de Borges, así como ao Museo de Rousseau.

RIVAS NO BRASIL

Por outra banda, a editorial brasileira Tinta Negrapublicará ao longo deste mes de febreiro Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, o primeiro chanzo para apublicación da obra completa de Rivas, responsabilidade que asume esa editora para todo o Brasil.


Outras breves



logo FETE-UGT logo blanco logo UGT logo blanco logo Fondo Europeo para la Integracion logo blanco logo
©