Curso interactivo “on line” de galego
Xunta de Galicia
O interactivo de galego dispón de case un cento de actividades interactivas repartidas en catro seccións: comprensión, expresión, gramática e vocabulario. Ademais, ofrécelle ó alumno materiais de consulta (vocabulario e gramática) e complementos (textos, ligazóns, etc.) que axudarán a completa-la súa formación.
O curso interactivo de galego divídese en dez unidades nas que se desenvolven distintos motivos comunicativos: presentación e descrición de persoas, a casa, o traballo, a comida, as viaxes, etc.
Cada unidade conta con dúas locucións en audio e unha en vídeo que ilustran tres situacións comunicativas relacionadas co tema da unidade. Ademais, os exercicios das unidades axudan a coñecer e aprende-las estructuras lingüísticas do idioma. O usuario do curso dispón tamén dun conxunto de notas sobre gramática e expresión que lle axudarán a comprender e expresarse mellor en galego.