Aula Intercultural en gallego

linguanetOfrece información e ligazóns de bos recursos en liña de todo o mundo relacionados co ensino e a aprendizaxe de linguas.

Lingu@net Europa está baseada na idea de que se vostede está aprendendo ou ensinando unha lingua, é posible que estea interesado en recursos relevantes en calquera idioma que entenda – e non só os recursos que poida atopar cando busca na súa lingua materna.

Lingu@net Europa dá acceso multilingüe a máis de 3.500 recursos en liña catalogados, dos que a súa maioría están especificamente pensados para estudantes. Tamén ofrece apoio para estudantes adultos sobre como aprender unha lingua, como avaliar o seu nivel e como comunicarse con outros estudantes en liña. Estas seccións foron desenvolvidas por especialistas na aprendizaxe de linguas de toda Europa.

Pódese acceder a todo o sitio web en: Alemán; Búlgaro; Catalán; Dinamarqués; Español Estoniano; Éuscaro; Finlandés; Francés; Galego; Grego; Inglés; Islandés; Italiano; Lituano; Maltés; Neerlandés / Flamengo; Polaco; Portugués; e Sueco.

Lingu@net Europa está a ser desenvolvida por 24 organizacións de 20 países europeos.

EUROPA – Education and Training – Socrates logotype

No pasado, os principais destinatarios de Lingu@net Europa eran os profesionais do ensino de linguas. Na actualidade, o proxecto está a recibir apoio económico da Comisión Europea, Programa Sócrates (acción Lingua 2) para axudalo a:

  • incrementar o número de linguas,
  • incrementar o número de recursos, e
  • apoiar os estudantes adultos de lingua.

Acceso a os recursos

GalegaEste dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.

.galA ICANN, o organismo internacional que goberna as direccións da Internet, comunicou este venres 14 de xuño de 2013 a aprobación da candidatura do dominio .gal, que servirá á comunidade lingüística e cultural galega.

Máis de 12.000 apoios cidadáns. Máis de 110 entidades adheridas. Máis de sete anos de traballo. O alento sostido das principais entidades e institucións galegas. O respaldo decidido da administración autonómica ao longo do tempo. Todo isto foi necesario para que onte a ICANN, organismo que goberna a Rede, aprobase o dominio para a lingua e cultura galegas. O 14 de xuño de 2013 é xa unha data na historia da internet en Galicia. “É unha conquista de toda a sociedade e un exemplo de que todos xuntos podemos”, sinalou o presidente da asociación puntoGAL, Manuel González.

Foi un proceso longo non exento de complicacións. Un proceso que culmina co anuncio da aprobación do dominio por parte de ICANN e que abre a porta para que, en tan só uns meses, o .gal poida ser rexistrado e utilizado para darlle a Galicia visibilidade na rede, para amosar os espazos da lingua en internet, para facer negocios baixo o paraugas dun dominio propio.

Utilidade do .gal

“As letras .gal vanlle estar recordando ó mundo cada día que existe unha comunidade que se chama Galicia e unha cultura e unha lingua que se chama galego”, dixo González nunha roda de prensa no Instituto Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, espazo que habitualmente ocupan as mozas e os mozos que serán o futuro do país. Un lugar tan simbólico como o é este dominio “que lle vai dar visibilidade universal á nosa personalidade particular”.

Da Real Academia Galega ó Consello da Cultura pasando polas tres universidades, centros de investigación, asociacións de empresas de novas tecnoloxías, colexios profesionais, medios de comunicación e por ducias de colectivos de base, a candidatura do dominio sentiuse sempre respaldada pola sociedade. Dentro e fóra. Máis de vinte asociación de galegos no exterior de países como Estados Unidos, Brasil, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina ou Uruguai están tamén detrás do dominio. De feito, un dos obxectivos de .gal é servir de identificador e vínculo entre a diáspora galega.

Reinvestir os beneficios en promover a lingua e a cultura galegas Queda xa atrás aquel dez de xuño de 2006 cando as entidades fundadoras da asociación puxeron en marcha a candidatura. Naquel pequeno acto sentáronse as bases que mantiveron vivo o proxecto durante este sete anos. Entre elas, o propósito firme de que a entidade que xestionará o dominio se autofinancie e reinvista os beneficios obtidos en promover a lingua e a cultura galegas.

A este respecto, González lembra que “cando hoxe alguén rexistra un dominio xenérico (.com, .net, .org, etc.) a maior parte dos beneficios da operación marchan fóra de Galicia; polo contrario, cando rexistren un .gal a situación será a inversa: a maior parte da repercusión económica directa quedará en Galicia”. Esta intención está recollida na candidatura remitida pola Asociación puntoGAL, unha entidade sen ánimo de lucro, á ICANN.

Fala con puntoGAL

Tras a decisión de ICANN ábrese agora un procedemento administrativo que rematará coa sinatura do contrato de delegación do dominio a finais deste ano ou principios do seguinte. Semanas despois poderán comezar a rexistrarse os .gal de acordo cunhas normas públicas e transparentes. Será o momento para todos aqueles sitios na rede que empregan o galego ou que fomentan a comunidade e a cultura do país. O paraugas ábrese para eles.

A reserva de dominios .gal farase en varias fases, de acordo ás normas fixadas por ICANN e pola Asociación puntoGAL. Entre outras cousas, recollerase a protección das marcas rexistradas ou a prioridade de rexistro para as entidades, públicas ou privadas, que traballan no ámbito do galego. PuntoGAL informará puntualmente sobre os prazos e as normas a través do seu portal puntogal.org e as redes sociais. Calquera entidade ou cidadán pode tamén poñerse directamente en contacto coa Asociación a través destas ferramentas. Dúbidas, preguntas, suxestións, queixas, ideas. Calquera aportación será ben recibida.

Un día de agradecementos

Hoxe é día, tamén, de agradecementos. A Asociación quere enviar un grazas enorme a aqueles que lle aportaron forza dende o inicio: cidadáns, entidades e institucións, os distintos gobernos da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), partidos políticos, medios de comunicación, compañeiros doutras candidaturas culturais e lingüísticas que compartiron o camiño, membros de todas as directivas que pasaron por esta casa común, colaboradores, amigos todos. O dominio é voso.

https://www.puntogal.org/

El jarabe de los idiomasEspañolcatalàeuskera

O corpo humano: Pódesme axudar? Teño…

Como lle podería explicar ao meu profesor que teño dor de barriga se non me entende? Ou que teño dor de gorxa? Ou de cabeza? Como lle podo facer saber, a este alumno, que ten os ollos avermellados?

Se algunha vez te atopaches nun destes casos, esta aplicación pode serte útil. Entra, escolle a parte do corpo que queiras traballar e selecciona o idioma. Atoparás un montón de frases para aprender, nun montón de idiomas. E, sobre todo, saberás como dicilo en galego!

Xoga e aprende en temas de saúde neste recuncho das linguas.

Como se di piollo en árabe? E lavarse en romanés? E xampú en urdú? E proído en chinés?

Aquí atoparás as palabras que precisas para sabelo en 19 idiomas diferentes: Alemán, inglés, arábigo, éuscaro, búlgaro, castelán, catalán, francés, galego, italiano, polonés, portugués, romanés, ruso, tagalo, ucraíno, urdú, wolof e chinés.

E, sobre todo, saberás como dicilo en castelán!

Xoga e aprende sobre temas de saúde neste recuncho das linguas.

Acceso al material

9 de mayo: Día de Europaespañoleuskeracatalà

En Europa, o Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas.

O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada “Declaración Schuman”, para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.

Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro, sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea. Na Cumbre de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.

Día de Europa (Galipedia)

EspañolCatalàEuskera

SimSimGuía de lectura infantil e xuvenil editada pola Casa Árabe que apunta 287 lecturas infantís ou xuvenís a través das cales o lector pode achegarse ao mundo árabe. A guía inclúe publicacións en catalán, vasco e galego para os máis novos.

Os libros dannos a coñecer o mundo.

Aí están as lendas que relatan a orixe dos pobos, os contos e as cancións que contentan aos nenos, as aventuras que explican como se afronta a adversidade e como se supera o medo.

Esta guía é unha invitación a asomarse á diversidade do mundo árabe a través dos libros, a penetrar, ver de cerca e valorar un universo cultural diferente e próximo á vez.

Os títulos da guía agrúpanse en catro seccións correspondentes ás linguas do Estado español.

Inclúe cada unha delas os libros que foron publicados orixinalmente, ou por primeira vez, nesa lingua e incorpora as obras existentes traducidas ás outras linguas.

Os libros levan recensión só na lingua orixinal (ou na da súa primeira tradución, cando se trata de libros estranxeiros) e as edicións noutras linguas do Estado cítanse bibliográficamente.

Deste xeito, cada sección recolle todos os libros publicados na lingua de que se trate, pero algúns con recensión e outros sen ela. Dentro de cada sección, os libros organízanse en cinco apartados: contos e lendas da tradición, libros ilustrados, narrativa, libros de coñecementos e banda deseñada.

Ao final da guía incorpórase unha táboa de materias onde figuran os temas máis destacados dalgúns libros, coa intención didáctica de vincular os títulos entre si para organizar centros de interese ou sesións de lectura.

Descarga a guía en formato PDF

JURJO TORRES SANTOMÉ

Un currículo optimistaLección Inaugural na solemne apertura do Curso Académico 2001-2002 da Universidade da Coruña

(…) Sendo realistas, é necesario recoñecer, máis unha vez, que en determinadas aprendizaxes teñen conseguido maior prestixio que as institucións escolares, por exemplo, na aprendizaxe de idiomas, de música, de informática, na divulgación científica, etc. A maioría das conceptualizacións sobre a escola e o traballo escolar viñeron asumindo o rol docente como o dun traballador, unha traballadora ou profesional cun notábel grao de ahistoricidade, descontextualizado. A penas se veu preparándoos para que aprendesen a tomar en consideración o marco social, económico, cultural e político no que se desenvolve o seu traballo.

Entre outras cosas, porque tampouco este tipo de contidos culturais son parte importante da formación do profesorado de Eeducación Infantil e Primaria, nin do de niveis superiores, na medida en que a disciplinariedade que caracteriza a súa formación non permite establecer conexións informativas máis ricas que faciliten unha comprensión máis real do que está a acontecer no mundo no que vivimos.

Varias son as explicacións desta situación. Sen embargo, unha das situacións que continúa a reforzar este panorama é o rearme das opcións políticas conservadoras e neoliberais. Estas políticas inciden en que as cuestións sociais referidas ás desigualdades e formas de opresión, os asuntos que teñen que ver coa loita contra o racismo, o sexismo, o idadismo, os fundamentalismos relixiosos e políticos, o clasismo sexan contemplados como perigosos e que poden complicarnos a vida. Por iso mesmo, unha saída típica está sendo o escapismo.

Vénse considerando que estas cuestións son problemas moi importantes, pero demasiado complexos e que non temos por qué introducir asuntos conflitivos nas aulas e problematizar aos nenos e nenas que alí acoden. Para a inmensa maioría de persoas que pasaron polas aulas escolares e para as que no día de hoxe as seguen ocupando, os contidos escolares costuman resultar demasiado abstractos, referidos a situacións e espacios ahistóricos, imprecisos, indefinidos, nada concretos. Parece existir unha preocupación máis por memorizar fórmulas, dados e xeneralizacións descontextualizadas que por chamar a atención cara a realidades concretas, tanto afastadas como locais. (…)

Descarga o documento completo en PDF

logo bvgA Biblioteca Virtual Galega foi un fermoso soño acariñado por nós durante moito tempo, e este soño comezou a tomar corpo cando conseguimos o apoio do Vicerrectorado de Innovación Tecnolóxica da Universidade da Coruña. Primeiro proxectamos unha pequena xanela coa que poderiamos mostrar ao mundo un retallo da nosa produción literaria, e con esa intención comezamos a traballar.

Mais as nosas intencións ficaron cativas ante o entusiasmo e a xenerosidade con que fomos recibidos polos escritores e escritoras. Cumpría reconsiderarmos o proxecto inicial e transformarmos a nosa modesta fiestra nun enorme peirao que permitise á dorna da nosa literatura navegar por mares virtuais. E aquí estamos.

Porén, somos conscientes de que para que a nosa dorna chegue a bo porto, non podemos navegar sós. A nosa historia demostrou moitas veces que unicamente sumando esforzos se logrou alancar na normalización da cultura galega. Aprendemos a lección, e por iso agardamos contar coa vosa colaboración.

Tanto ten que sexas escritor ou non, que sexas muller ou home, que sexas novo/a ou vello/a… Tampouco nos importa que non sexas unha persoa, que sexas unha Institución. ¡Benvindos sexades! O único importante é que teñamos os mesmos obxectivos:

  • Difundirmos a Literatura Galega.
  • Ofrecermos a escritores e escritoras unha nova canle de publicación.
  • Facilitarmos a comunicación entre o público lector e os escritores e escritoras.
  • Posibilitarmos que novos valores se dean a coñecer a través da Biblioteca Virtual Galega.
  • Apoiarmos calquera forma de manifestación artística galega.
  • Contribuírmos á normalización da nosa lingua e da nosa cultura.

 

Biblioteca Virtual Galega

O aforcadoMiro Ramiro

Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira).

Aprende o idioma galego, co xogo do ahorcado.

Xogo

O_PreguntoiroCreado polo Grupo de Investigación SING da Universidade de Vigo.

Aprende o idioma e a cultura galega respondendo ás preguntas do xogo. Bioloxía, Lingua, Literatura, Adiviñas, Enografia, Refráns, Xeografía, Historia e Arte…

Xogo

 

Ensigna– A finalidade do proxecto “Ensigna” é facer chegar a lingua de signos a todas as persoas interesadas na súa aprendizaxe, a partir dunha metodoloxía que aproveita as potencialidades que ofrecen as novas tecnoloxías

– No proxecto participan grupos de investigación da Facultade de Pedagoxía da Universidade de Santiago, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e a consultora viguesa Femxa

– A iniciativa conta co apoio económico da Consellería de Innovación e Industria a través do Plan galego de I+D+i

O Centro de Supercomputación de Galicia -CESGA- está a levar adiante un proxecto de investigación que consiste en desenvolver unha nova metodoloxía para a aprendizaxe da lingua de signos facendo uso das Tecnoloxías da Comunicación e a Información -TIC-. A iniciativa baséase na análise das máis novidosas ferramentas TIC para facilitar a aprendizaxe da lingua española de signos a todas as persoas interesadas. Para levar adiante o proxecto, o CESGA conta coa colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia; do Grupo de Innovación e Tecnoloxía Educativa da Facultade de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, que posúe unha grande experiencia no deseño e avaliación de propostas TIC aplicadas ao ensino e da empresa viguesa Femxa, unha consultora especializada na xestión e no desenvolvemento de plans de formación aproveitando as TIC. Esta compañía aportaralle ao proxecto a súa experiencia empresarial no desenvolvemento dos contidos multimedia piloto, así como na avaliación da proposta dende o punto de vista empresarial. A iniciativa conta co apoio económico do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria, a través do Programa de Ciencias Sociais.

EN GALIZA, MÁIS DE 75 MIL PERSOAS TEÑEN PROBLEMAS DE AUDICIÓN

Segundo os datos que manexa a Xunta de Galicia -censo de poboación con minusvalía do ano 2005- o número total de persoas xordas en Galiza supera as dez mil (exactamente, 10.222). Porén, a realidade amosa que non todas as persoas xordas teñen certificado de minusvalía, polo que este número podería ser superior. Segundo datos do INE -Enquisa de Discapacidades, Minusvalías e Estado de Saúde do ano 1999-, o número de persoas con problemas de audición supera en Galicia as 75 mil (76.626).

Polo que respecta á lingua de signos, trátase dunha lingua de carácter viso-xestual, é dicir, que emprega como canle fundamental a visión (na percepción) e a xestualidade (na expresión). É, xa que logo, a lingua natural daquelas persoas que carecen de audición e que, grazas a ela, poden ter acceso íntegro ao mundo. Non obstante, e por mor dunha tradición educativa que primaba a homoxeneidade fronte á atención a diversidade, a Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria, meirande parte das persoas xordas non tiveron acceso á lingua de signos no sistema educativo dende a súa infancia. María Teresa López, responsable do proxecto “Ensigna” na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, asegura que os resultados máis graves de todo isto “son as carencias xerais respecto ao coñecemento do mundo, habilidades sociais, acceso á información e todo o que disto deriva. É habitual observar, por exemplo, importantes niveis de fracaso escolar, o que conleva, inevitablemente, un desenvolvemento de actividades laborais de baixa cualificación”.

Polo que respecta ao proxecto de investigación, María José Rodríguez, investigadora principal, matiza que a finalidade última non é conseguir un programa informático: “Do que se trata -explica- é de investigar e de avaliar a bondade da utilización de diferentes TIC aplicadas ao proceso de aprendizaxe da linguaxe de signos, mediante a aplicación dunhas metodoloxías de aprendizaxe que fagan uso das mesmas do mellor xeito posible”.

APOSTAR POLA FORMACIÓN DAS PERSOAS OUVINTES NA LINGUA DE SIGNOS

Outra das características que presenta este proxecto está nos seus destinatarios, xa que non se limita só ás persoas xordas senón que se extende a todas aquelas que estén interesadas na súa aprendizaxe. Segundo afirma María Teresa López, “o feito de apostar pola formación na lingua de signos das persoas ouvintes tén unha dobre repercusión. Por unha banda, aprenden unha lingua nova e moi enriquecedora dende o punto de vista lingüístico. Por outra, cantas máis persoas ouvintes coñezan e empreguen esta lingua, máis calidade terá a participación social do colectivo xordo”. María José Rodríguez, pola súa parte, recoñece que, na actualidade, existen no mercado algunhas iniciativas neste eido, “pero limítanse a presentar o vocabulario da lingua de signos mediante vídeos e imaxes ou á descripción escrita de elementos da lingua. Ningunha fai uso das potencialidades que nos ofrecen as novas ferramentas da comunicación, nin tampouco propoñen unha interacción entre alumnos e profesores mediante as TIC”, declara.

Na actualidade, o proxecto “Ensigna” atópase nunha fase piloto que consiste na elaboración de dúas unidades didácticas iniciais para un aprendiz que non posúa uns coñecementos previos nesta lingua. O seguinte paso terá lugar durante os meses de setembro e outubro, datas nas que se realizará unha proba de campo cun grupo experimental e cuxos resultados se avaliarán posteriormente dende os diferentes puntos de vista que integran o proxecto (tecnolóxico, metodolóxico, didáctico e económico).

María Teresa López, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, explica que o obxectivo é conseguir a continuidade do proxecto a través de dúas vías: “Por unha parte, coa elaboración completa do nivel de usuario básico, tomando como referencia o Marco Europeo para o Ensino de Linguas Extranxeiras. Por outra parte, como unha investigación de campo, tomando como informantes aos alumnos da experiencia piloto, o que nos permitirá valorar a súa efectividade”, declara.

O CESGA é un centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados que atende a demanda da comunidade científica galega, do sistema académico universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A súa creación data do ano 1993. O proxecto “Ensigna” atópase entre as máis de cen iniciativas de I+D+i desenvolvidas por este organismo e que impactaron positivamente na mellora da calidade de vida dos cidadáns. Este labor foi recoñecido recentemente polo semanario ComputerWorld, que lle concedeu un dos seus premios ComputerWorld á Modernización TIC 2006, concretamente o que se centra no Impacto no Cidadán. Coa concesión deste premio, o semanario quixo valorar o esforzo realizado polo CESGA para mellorar a relación coa sociedade a través de proxectos cuxa execución e resultados levan consigo melloras tanxibles para distintos grupos de cidadáns e o seu entorno.

Persoas de contacto: Dna María José Rodríguez, investigadora principal. Tfno: 981569810; e María Teresa López, responsable do proxecto “Ensigna” na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Tfno: 981169336

https://ensigna.cesga.es/

opentrad

EspañolCatalàEuskera

No proxecto participan a Universidade de Vigo e Imaxin Software Galicia

OpenTrad, o primeiro sistema de tradución automática baseado na transferencia, de código aberto, para galego, catalán/valenciano, español e éuscara.

Traduce do galego para o español, e á inversa, e permite a tradución inmediata de páxinas web mentres se navega.

O proxecto desenvolveuno un consorcio formado por tres empresas e catro universidades de Euskadi, Galiza, Valencia e Cataluña co soporte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

OpenTrad desenvolveuse seguindo a filosofía do código aberto, polo que calquera empresa ou institución poderá intregralo nos seus sistemas, xa que o obxectivo é darlle pulo á tradución automática entre as linguas oficiais do estado.

Na actualidade xa están dispoñibles os prototipos operativos entre galego-español (e inversa), catalán-español (e inversa), e español-éuscara.

Se desexas coñecelo mellor, podes consultar a web do Seminario de Lingüística Informática, que dirixe Xavier Gómez Ginovart.

https://www.opentrad.com/gl/

Recomendacions linguaxe non discriminatoriaA lingua non é sexista, pero si o é o uso que dela facemos. A linguaxe é o medio a través do cal nos comunicamos, polo tanto reflite o pensamento colectivo, e con el estamos a transmitir unha gran parte da forma de pensar, sentir e actuar de cada sociedade. A través da linguaxe estamos asumindo papeis de xeito consciente e inconsciente, conformando estereotipos sexistas. O uso sexista e androcéntrico da lingua é o reflexo dunha cultura sexista e androcéntrica na que se valoran as capacidades e funcións atribuídas aos homes, pero non se recoñece o valor social das capacidades e funcións que se atribúen ás mulleres. Hai unha especie de resistencia lingüística a recoñecer o gran número de actividades desenvolvidas polas mulleres, e segue a presentarse -a través dun uso lingüístico máis que consolidado- unha imaxe desvalorizada e subordinada das mulleres con respecto aos homes. A miúdo, incorremos en sexismo lingüístico a través do uso de formas incorrectas da linguaxe, na escolla de palabras ou estruturas discriminatorias. A linguaxe sexista exclúe as mulleres, dificulta a súa identificación ou asóciaas a valoracións negativas. O seu uso é discriminatorio e parcial, e impón barreiras arbitrarias e inxustas ao desenvolvemento persoal e colectivo.

  • Recomendacións de uso dunha linguaxe non sexista
  • O substantivo xenérico
  • O mal uso do desdobramento
  • Formas de tratamento
  • Barras e arroba
  • Cargos e profesións
  • Outras recomendacións
  • Termos relacionados coas actitudes sexistas
  • Bibliografía e marco normativo
Descarga a guía en formato PDF

Xornal dixital Avantar

Wikipedia galegoGalipedia é a versión en galego da Wikipedia.

Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nen comerciais.

O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o interesado en contribuír.

La versión galega comezou o 8 de marzo de 2003 e xa temos 14,245 artigos.

Navegando na Wikipedia

A Wikipedia contén enormes cantidades de informacións sobre os máis variados asuntos. Para explorar un asunto pode segui-las categorías: vaia á Portada e desde alí comece a navegación. Pode tamén buscar textos nos artigos ou nos títulos das páxinas. Pode usar á caixa de búsqueda que hai á esquerda e alí escribi-lo texto da procura. Cando o servidor estea saturado a opción de busca pode estar deshabilitada; neses casos será redirixido ao formulario de busca de Google que procura na base de datos da Wikipedia. Hai modos alternativos de buscar na Wikipedia.

Se vostede le algo que realmente lle gusta, porque non deixa unha nota na páxina de discusión do artigo?. Primeiro seleccione o enlace discusión (pode atopalo nas lapelas de arriba) para ir Á páxina de discusión. Logo seleccione editar, ou prema no + para editar a páxina ou para engadir un novo comentario. Sempre nos gusta recibir opinións positivas.

Acceso a Galipedia

Fillos de GalizaMellora o teu léxico é un espacio web formado por case 300 consellos para falar e escribir correctamente o galego.

Foi desenrolado en Marzo de 1998 por Casdeiro e a empresa S.I.M.I.L. para a asociación A CiberIrmandade da Fala, que loita por extender o uso da lingua galega en Internet, coa axuda do seu promotor Camilo Regueiro e tomando como base o “Manual de Galego Urxente” de X.R. Pena & M. Rosales (Ed. Xerais).

Fillos de Galicia

 

A grileira

Español

No ano 1998 editouse o primeiro número da Grileira, unha revista dedicada ao estudio da música galega na República Arxentina. A idea fora concibida polo A.G.A. ( Asociación de gaiteiros galegos arxentinos). Disolta esta institución de vida moi efémera a Fundación Xeito Novo de Cultura Galega retoma este emprendimiento xunto a dous dos membros fundadores do A.G.A.., Daniel Pazos e Pablo Cirio.

En agosto do 2001 a Fundación Xeito Novo edita novamente a revista, esta vez en formato dixital.

A Grileira foi pensada como un emprendimiento cultural mais abarcativo que o orixinal; nas súas notas atopan un espacio preponderante a musicoloxía, a historia e a socioloxía da inmigración galega do continente americano. Os traballos de investigación no marco das disciplinas antes mencionadas son realizados por prestixiosos profesionais da República Arxentina e do exterior; entrevistas a persoas e grupos responsables de manifestacións culturais no colectivo galego dan testemuño dunha colectividade que lonxe de “implotar” para logo desaparecer como algúns agoreros predicen, se expande a través dá a simiente fecundada por tantos anos de transmisión cultural. Seccións como Follas novas abren carreiros onde a opinión constrúe o seu propio camiño como así tamén notas de interese xeral; en Música galega na Arxentina accédese a temas musicais actuais e outros recolleitos á nosa xente en formato MP3 co seu correspondente partitura ou estudio.

Consígnaa da Fundación Xeito Novo neste proxecto é incentivar o estudio e facilitar a transmisión da nosa cultura ás xeracións intermedias e ás mais novas de Arxentinos, transmisión da memoria indispensable para reafirmar a nosa identidade como Galegos da Arxentina.

A Fundación XEITO NOVO de Cultura Galega é unha entidade formada no ano 1984, por @mozo da colectividade galega que interpretaron no seu momento, unha seria análise da nova situación suscitada e a necesidade de crear un espacio onde as novas xeracións puidesen levar adiante un proxecto cultural que os identifique plenamente.

As masivas correntes migratorias dos anos 50 demostraron o seu forte inxerencia na vida cultural e sociopolítica deste país, hoxe existe un novo fenómeno; as segundas e terceiras xeracións; que debemos considerar no presente e sobre todo ponderar na súa proxección, xa que son ¨a colectividade do futuro¨, os depositarios de tantos anos de perseveranza e traballo dos seus pais, avós, etc.; que os identifica cunha formación intelectual, froito das experiencias recibidas no seo familiar e a súa relación co seu país de nacemento. Isto fai que convivan no seu sangue e no seu intelecto un profundo amor orixinado en ambas vertentes.

A Fundación XEITO NOVO de Cultura Galega, está conformada actualmente por un activo de máis de 350 asociados ou adherentes que participan das distintas actividades que promove esta Fundación.

O seu traballo divídese en dúas ramas fundamentais. A primeira está proxectada á difusión da cultura galega e desenvólvese por medio dos grupos artísticos e os traballos de investigación. Entre eles destácanse o grupo de música Folk Celta e o grupo de Bailes Tradicionais, que anualmente presentan o traballo realizado nun espectáculo chamado “Galiza Sempre”, que desde o ano 1986 foi gañando un espacio transcendental dentro do movemento cultural e artístico da cidade de Bos Aires, convocando hoxe a máis de mil espectadores por función e recibindo as mellores críticas dos xornalistas especializados en espectáculos dos diarios máis importantes da nosa cidade.

Dentro dos traballos de investigación o máis destacable, é a publicación en internet da revista “A Grileira” realizada polo Departamento de Musicoloxía e Arquivo Histórico da nosa Fundación, o cal a un ano da súa primeira publicación tivo ao redor de cincuenta mil consultas de diferentes partes do mundo, ademais de ser considerado pola Cátedra de musicoloxía da Universidade de Pensilvania como material de estudio.

Por outra banda, a Fundación organiza anualmente unha variedade de charlas e debates sobre diferentes temas relacionados coa cultura de Galicia e os seus protagonistas, participando nelas personalidades da envergadura de José Neira Vilas, Humberto Creus Andrade, Juan Manuel Perez, Alberto Portas, Carlos Cañás e Xosé Manuel Núñez Seixas entre outros; nos ámbitos culturais máis importantes da cidade, como o Centro Cultural Ricardo Vermellas, o Centro Cultural Recoleta e o Centro Cultural San Martín.

A segunda rama de traballo da Fundación está orientada á formación nos diversos matices da cultura de Galicia, por medio deste traballo constrúese o concepto de preservación e continuidade do labor realizado ata este momento, apuntando á inmortalidade dos principios que os emigrantes galegos souberon arraigar na nosa patria, considerándoos fundamentais para o crecemento da nosa sociedade. Esta idea se canaliza a través dos diferentes cursos que dicta a Fundación e que abarcan a música, o idioma, os bailes e a cociña. Deles xurdiron importantes proxectos que hoxe ocupan un lugar fundamental dentro da nosa entidade, podendo citar a Mostra anual de Cociña Galega, que desde fai dez anos logrou converterse nun dos eventos máis populares dentro da colectividade.

Todo este traballo que realizan na súa gran maioría arxentinos descendentes de galegas, está baseado no convencemento de que os ensinos populares transmitidas a través das expresións culturais, son a clave para poder resolver os problemas sociais que hoxe en día acosan á nosa sociedade, polo que xorde unha visión distinta do pobo galego.

Lonxe da morriña, a Fundación Xeito Novo, intenta colocar á dignidade, perseveranza, lealtad e orgullo deste pobo como exemplo para a nosa nación e deste xeito conseguir que a semente que algunha vez foi arrincada de Galicia co devastador puñetazo dunha guerra, plantada no noso país e regada coas lágrimas do desarraigo, poida hoxe dar os froitos cos cales aliméntese o resurgimiento da nosa patria.


A Grileira

A Nosa Fala. Bloques e Áreas Lingüísticas do Galego (versión interactiva con audio)
Francisco Fernández Rei e Carme Hermida

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a “Galicia irredenta” dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

Todo isto xa aparecía no audiolibro editado polo Consello en 1996, con 15 textos do galego do bloque occidental e 90’ de gravación, 19 textos do galego do bloque central nunha casete de 60’ e 9 textos do galego bloque oriental en 30’. Agora reedítanse os textos tal cal en papel impreso, pero coa novidade de que o material oral aparece dixitilizado en tres CDs, o que favorece a perdurabilidade das gravacións e a busca dos propios textos.

– Inicio
– NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS
– Bloque Occidental
– Bloque Oriental
– Bloque Central

– Libro en PDF

Acceso ao material

Curso e-galegoXunta de Galicia

O interactivo de galego dispón de case un cento de actividades interactivas repartidas en catro seccións: comprensión, expresión, gramática e vocabulario. Ademais, ofrécelle ó alumno materiais de consulta (vocabulario e gramática) e complementos (textos, ligazóns, etc.) que axudarán a completa-la súa formación.

O curso interactivo de galego divídese en dez unidades nas que se desenvolven distintos motivos comunicativos: presentación e descrición de persoas, a casa, o traballo, a comida, as viaxes, etc.

Cada unidade conta con dúas locucións en audio e unha en vídeo que ilustran tres situacións comunicativas relacionadas co tema da unidade. Ademais, os exercicios das unidades axudan a coñecer e aprende-las estructuras lingüísticas do idioma. O usuario do curso dispón tamén dun conxunto de notas sobre gramática e expresión que lle axudarán a comprender e expresarse mellor en galego.

Curso interactivo de galego