Simsim. Libros infantís e xuvenís para asomarmos ao Mundo Árabe
Guía de lectura infantil e xuvenil editada pola Casa Árabe que apunta 287 lecturas infantís ou xuvenís a través das cales o lector pode achegarse ao mundo árabe. A guía inclúe publicacións en catalán, vasco e galego para os máis novos.
Os libros dannos a coñecer o mundo.
Aí están as lendas que relatan a orixe dos pobos, os contos e as cancións que contentan aos nenos, as aventuras que explican como se afronta a adversidade e como se supera o medo.
Esta guía é unha invitación a asomarse á diversidade do mundo árabe a través dos libros, a penetrar, ver de cerca e valorar un universo cultural diferente e próximo á vez.
Os títulos da guía agrúpanse en catro seccións correspondentes ás linguas do Estado español.
Inclúe cada unha delas os libros que foron publicados orixinalmente, ou por primeira vez, nesa lingua e incorpora as obras existentes traducidas ás outras linguas.
Os libros levan recensión só na lingua orixinal (ou na da súa primeira tradución, cando se trata de libros estranxeiros) e as edicións noutras linguas do Estado cítanse bibliográficamente.
Deste xeito, cada sección recolle todos os libros publicados na lingua de que se trate, pero algúns con recensión e outros sen ela. Dentro de cada sección, os libros organízanse en cinco apartados: contos e lendas da tradición, libros ilustrados, narrativa, libros de coñecementos e banda deseñada.
Ao final da guía incorpórase unha táboa de materias onde figuran os temas máis destacados dalgúns libros, coa intención didáctica de vincular os títulos entre si para organizar centros de interese ou sesións de lectura.
Descarga a guía en formato PDF