Lingu@net Europa, un centro multilingüe gratuíto de recursos en liña para a aprendizaxe de idiomas
Ofrece información e ligazóns de bos recursos en liña de todo o mundo relacionados co ensino e a aprendizaxe de linguas.
Lingu@net Europa está baseada na idea de que se vostede está aprendendo ou ensinando unha lingua, é posible que estea interesado en recursos relevantes en calquera idioma que entenda – e non só os recursos que poida atopar cando busca na súa lingua materna.
Lingu@net Europa dá acceso multilingüe a máis de 3.500 recursos en liña catalogados, dos que a súa maioría están especificamente pensados para estudantes. Tamén ofrece apoio para estudantes adultos sobre como aprender unha lingua, como avaliar o seu nivel e como comunicarse con outros estudantes en liña. Estas seccións foron desenvolvidas por especialistas na aprendizaxe de linguas de toda Europa.
Pódese acceder a todo o sitio web en: Alemán; Búlgaro; Catalán; Dinamarqués; Español Estoniano; Éuscaro; Finlandés; Francés; Galego; Grego; Inglés; Islandés; Italiano; Lituano; Maltés; Neerlandés / Flamengo; Polaco; Portugués; e Sueco.
Lingu@net Europa está a ser desenvolvida por 24 organizacións de 20 países europeos.
EUROPA – Education and Training – Socrates logotype
No pasado, os principais destinatarios de Lingu@net Europa eran os profesionais do ensino de linguas. Na actualidade, o proxecto está a recibir apoio económico da Comisión Europea, Programa Sócrates (acción Lingua 2) para axudalo a:
- incrementar o número de linguas,
- incrementar o número de recursos, e
- apoiar os estudantes adultos de lingua.